Na parte mais alta da aldea de Ribadulla, podemos encontrar o campo de futbol Mirarrios. Este campo foi renovado no ano 2000 gracias á aportación do Concello e da Diputación Provincial.
O recinto, que está completamente valado, ten unha extensión aproximada de 12.500m², dos que 1.000m² estan adicados a aparcadoiro.
Entre as instalacións podemos encontrar unha cantina, uns vestiarios, e unhas amplias e cómodas gradas con teito. Conxunto que suma uns 260m². Tamen conta con 2 banquillos diante das gradas.
O campo ten piso de terra, e mide 100m de longo e 64m de ancho. Conta con un valado de ferro por todo o seu perímetro, e 4 postes con varios proxectores para iluminación nocturna.