A E.T.A.P. é a Estación de Tratamento de Auga Potable. Está situadada na ladeira do monte de Meda, na zona chamada “O Lapido”, e é accesible dende a estrada AC-242.
Esta estación forma parte do sistema de abastecemento da marxe dereita da ria de Arousa. Ten unha capadidade de bombeo de 450 litros/segundo, e de tratamento a 225 litros/segundo. A infraestructura consta de varios mecanismos de bombeo, filtros, decantador, cámara de mezcla, torre de absorción de cloro, e centro de transformación.
O sistema de abastecemento da marxe dereita da ria de Arousa está integrado polos concellos de Padrón, Dodro, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Valga, Pontecesures, Catoira e Rianxo. Este sistema, que consta de 14 depósitos distribuidos polos municipios que conforman o plan, e 56 km de rede de tuberías, da servizo a mais de 93.000 persoas. Cabe destacar tamen, que o consumo rexistrado no ano 2012 foi de 3.720.089 m³ de auga.
Información atopada en www.xunta.gal (enlace)
Situación xeográfica: