Historia e actualidade

Dise que na segunda década do século XIX, Padrón era un dos 47 partidos que formaban Galicia. Nese partido existian 11 concellos entre os que figuraba como tal, Carcacía. No 1822 vólvese a dividir Galicia en 4 únicas provincias. O partido de Padrón perde uns cantos concellos que pasan a pertencer a Pontevedra e quedan pertencendo á provincia de A Coruña os concellos de Padrón e Carcacía. Habería que esperar á restauración do absolutismo en 1834, para que todo o territorio galego fora dividido en concellos e partidos xudiciais, e Carcacía pasaría asi, a formar parte do concello de Padrón.

Queda asi en entredito, que Carcacía figuróu como concello independente entre 1822 e 1834.

Carcacía situase nun val que forman uns preciosos montes, entre os cales figura o monte de “Meda”, que pertence tamen ó Concello de Padrón.

Por Carcacía pasa o rio Ulla, que podemos ver en lugares tan bonitos coma “O Areeiro”, o miradoiro do “Lapido”, a ponte que comunica Carcacía con Barcala, etc. O rio Ulla da orixe tamen a unhas pesqueiras da época romana.

Nesta parroquia existen mais de unha ducia de empresas, de tipo construcción, carpintería de maderia e tamen metálica, turismo rural, agricultura, ocio, etc.

Carcacía ten tamen un equipo de futbol chamado “SD Carcacía”, e un renovado campo de futbol.

Tamen podemos encontrar alí, un campo de festas, unha depuradora de augas, un parque eólico, escolas de infantil e primaria, varias asociacions de tipo cultural, veciñal e deportivas, e riquezas arquitectónicas como igrexas, cruceiros, e abundantes fontes, lavadoiros e muiños.

SITUACIÓN XEOGRÁFICA.