San Isidro Labrador. (Festa da tortilla Xigante).
Alá polo 15 de Maio, no fin de semana mais cercano, celebrase a festa na honra a San Isidro Labrador, patrón de Madrid, do que se dí que viveu entre o 1070 e o 1130, unha vida honrada e chea de traballo.
Dende hai moitos anos esta festa ven sendo do estilo dunha romaría.
No 1987, uns cantos veciños, propuxeronse facer algo co que dar a conocer Carcacía, e ocorreuselle construir unha sartén de tamaño desmesurado, co fin de cociñar nela a tortilla de patacas mais grande do mundo. A idea foi un éxito e esa festa saiu en todo-los medios de comunicación, e ata fixo que Carcacia figure no “Libro Guiness de los records”. Dende aquel ano vense celebrando a tortilla xigante á que acuden miles de persoas de todas partes.
Festa na honra a San Pedro.
Un sábado de finais de Xuño celébrase a festa na honra ó patrón da nosa parroquia, San Pedro.
Ese dia celébrase unha misa como de costumbre para seguidamente acudir á sesión vermú no campo de festas de Pousada, amenizada por algun grupo musical. Terminada esta, toca xantar cada un na sua casa, ocasión que se aproveita para invitar a amigos ou familiares e pasar o dia xuntos. Pola noite vólvese ó campo da festa para disfrutar da música de algunha orquestra, e tomar algo na cantina, ou como ainda lle chaman alguns, “o carro do viño”.
Ó dia seguinte, do mesmo xeito, celébrase a festa do Santísimo Sacramento.
Outras festas da parroquia.
Na nosa parroquia teñen lugar outras festas como son o San Antonio e da Virxe do Rosario.