Este edificio antigo a carón da carretera foi unha construcción moi importante para a parroquia ata os anos 90. Estaba dividida en 4 zonas. A parte superior dereita era onde os mais pequechos da parroquia comezaban a sua vida escolar, parbulitos. Xusto debaixo era o local de reunións da antiga asociación do gando, ainda que tamen se usaba para outro tipo de reunións, e ata actividades extraescolares como clases de reforzo ou outros cursos. A parte esquerda era a escola dos “maiores”, que comprendía os cursos dende primeiro ata cuarto de EXB. O aula estaba na parte de abaixo, e a de arriba era a vivenda para os profesores, cousa que era moi habitual por aqueles anos.
Moitos de nós ainda lembramos cando toda a zona detras das escolas era monte, e tan só existía alí un pequeniño campo para xogar á pelota, e unha caseta que facía as funcions de un water, ó que comunmente se lle chamaba o “cajanucho”.
A finais dos 90, arrasouse o monte posterior á escola de uns 5 mil metros cadrados para dar lugar ó que agora é o campo de festas, escolas novas, casa cultural e cantina.
Según nos consta, no ano 1992 engadíronse 2 novas construccions. O Centro de Ensino de Infantil e Primaria, CEIP de Carcacía, e tamen o Centro SocioCultural. E uns cantos anos mais tarde, a cantina.
GALERÍA: (click sobre a imaxe para vela en grande)
Situación xeográfica: