O rio Ulla nace no concello de Antas de Ulla, Lugo, e desemboca na ria de Arousa á altura de Catoira tras percorrer 132 km. A sua cunca, de 2764 km cadrados, é a segunda mais importante de Galicia. Transcorre por Carcacía ó longo de 5km, nos que fai posible un lugar tan bonito como “O Areeiro”.
O areeiro é unha praia fluvial situada na parte mais baixa da parroquia. Ten unha zona adicada a merendeiro con mesas de pedra e barbacoas, e unha zona de pouca profundidade perfecta para o baño. En verán ten moita afluencia, tanto de xente da parroquia como de fora dela. Conta con un aparcadoiro para coches, e contedores de lixo.
Situación xeográfica: