Esta capela data do século XVIII. Consta dunha pranta de cruz latina, con presbiterio destacado e mampostería e sillería de granito. Na fachada principal ten unha porta con orellas moldeadas, un pinche con beiril que serve de pé a espadana dun só corpo con pilastras afundidas e moldeado, remata en triangulo curvo ó que lle falta o beiril e a cruz.
Ata mediados do século XX os finados en Bandín recibían sepultura no cemiterio de San Pedro de Carcacía. Para iso os cadaleitos transportábanse en barca ao outro lado do rio. Como en épocas de crecida tiñan que esperar un ou dous dias, arbitrouse como solución que recibirían sepultura no cemiterio de San Miguel de Barcala, pertencente ó concello da Estrada, onde seguen a facelo hoxe en día. Incluso na mencionada igrexa celebran todo tipo de cerimonias, pois a capela da Merced só se abre o 24 de Setembro, festividade da patroa.
Esta ermida foi reconstruida xa duas veces. Unha para substituir a primeria edificación románica, e outra sobre a edificación gótica para quedares como se ve agora, pertencente ó estilo barroco.
Unha vez no interior, vemos que consta de unha soa nave con duas capelas laterais. A uns metros da porta principal, existe un enreixado de forxa que unha vez pechado, impide o paso hacia o cruceiro central. Dito cruceiro ten unha bóveda de cruzaría, e as capelas teñen cadansúa bóveda de canón con arcos de medio punto.
Alí atopamos, entreo outras cousas, duas pias bautismais de pedra, duas estatuas nomeadas “As Santas de Pedra”, tres moedas de marabedís do século XVII atopadas durante a restauración do retablo, e unha representación de “Un milagre da Virxe”.
Para unha información mais detallada podedes descargar o seguinte archivo: Aldea de Bandín.pdf
Situación xeográfica: