Esta ponte, de uns 80 metros de longo, e 22 de altitude, une a parroquia de Carcacia, ca de San Miguel de Barcala, concello de A Estrada, o cal pertence á provincia de Pontevedra.
Como se pode ver neste recorte do BOE, a obra licitouse en Abril de 1989, con un presuposto de 76.65 millóns de pesetas da época, equivalente a uns 460.000€.
Esta ponte foi un gran avance para a relación entre as parroquias cercanas ó servires de enlace entre elas, e supuxo un gran atallo, xa que antes había que percorrer case 12 km para chegar de un lado ó outro.
A ponte foi inaugurada no ano 1993. Ó evento acudiron moitos veciños e estivo amenizado por unha banda de música e polo grupo de gaitas de Carcacía. Estiveron presentes varios responsables políticos, e tamen os respectivos alcaldes dos concellos limítrofes, os cales pronunciaron uns breves discursos. Tamen adicou unhas rimas o querido veciño e poeta, Don Alfredo Rivas, nas cales menciona ó entonces cura párroco de Carcacía, Don Antonio Iglesias, e ó seu incesante empeño en buscar melloras para a nosa parroquia.
Por suposto, de ese evento rescatamos un pequeno video gracias a D. José Piñeiro, que a pesar da baixa calidade da época, cremos que vos vai a gustar velo.
Situación xeográfica: