Calcúlase que en Galicia hai entre 10mil e 15mil cruceiros de pedra, e como non, en Carcacía temos alguns. Estes monumentos constituen unha das mais significativas mostras do arte popular e alguns gardan curiosas lendas. Dise que estes cruceiros que construían por diferentes razóns, pero na maior parte dos casos, erguíanse na memoria de alguén.
A dia de hoxe e desgraciadamente, non sabemos os motivos polos que se ergueron os cruceiros da nosa parroquia, pero ahí seguen e seguirán por moitísimos anos. Aqui vos mostramos unha galería cos que fomos encontrando. De seguro haberá algun mais, así que podedes escribirnos ó email de contacto da páxina para que os poidamos engadir.
¿Quen nacido antes dos anos 80 non se lembra de ir cos seus pais ou seus avós a lavar a roupa ó lavadoiro da sua aldea, ou ir a coller auga á fonte todos os dias á hora de xantar?
Os lavadoiros, agora abandoados porque xa non son necesarios, ata non fai moitos anos, non só eran unhas ferramentas totalmente esenciais na vida da aldea, senon que tamen eran uns auténticos centros sociais.
En Carcacía temos moitos lavadoiros e moitas fontes. Alguns en mellor estado ca outros, pero case todos, a falta de unha man de limpeza, parecen totalmente operativos.