A igrexa de Carcacía é unha edificación de finais do século XVII e principios do XVIII. Ten uns engadidos de cemento na fachada superior e un adro arredor destinado a cemiterio. A casa retoral padeceu un incendio en 1850 que danou a edificación e destruíu o seu arquivo, tal como comentou o párroco D. Antonio Iglesias Duro.
Na fachada destaca unha torre de estilo barroco adicada a campanario. Ó lado dereito da porta hai unha bufarda, e no centro a imaxe do patrón San Pedro, nunha fornela. O templo é dunha soa nave.
Situación xeográfica: