O sábado 23 de Maio de 2026, a asociación de veciños A Socideade Carcacia – Rumille organizou por segunda vez a festa na honra a San Isidro Labrador. Este ano retomouse a tradición de adornar os tractores para acompañar o Santo dende a igrexa ata o campo de festas de Pousada, onde se celebrou a misa. Ó terminar esta, comezou coa sua música o grupo Manhatan, para dar paso á gran comida. Alí reparteuse pulpo a fartar, churrasco e postres e café. Ás 6 da tarde celebrouse o primeiro torneo de Chave, no que participaron mais de 30 persoas, e á noitiña, a festa continou ata cerca das 2 da mañá.



