A igrexa é dunha soa nave rodeada por un adro adicado a cemiterio. O edificio, moi alterado, probablemente teña a súa orixe no século XVII ou XVIII. A fachada principal consta dunha porta central e enriba da mesma un frontón partido ca escultura de Santa María dentro dunha fornela semicircular, enriba unha ventá de aluminio e presidindo a mesma, hai unha espadana con dous corpos de campás rematada por dous pináculos e un pararraios.
Situación xeográfica: