Dende principios do 2019, na zona do Lapido podemos disfrutar de un bonito mirador con vistas ó rio Ulla.
Este mirador fíxose grazas á unha solicitude de “Subvención de Rede Natura”. (Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2018 e 2019 das axudas e investimentos non productivos vinculados a realizacion de incentivos agroambientais e climáticos incluidos na Rede Natura 2000).
O solicitante e propietario dos terreos foi a CMVMC O Lapido, co fin de acondicionar unha zona que durante moito tempo foi utilizada como vertedoiro, para por en valor, recuperar e mostrar a beleza do entorno.
O orzamento da obra ascendeu a 12000€ (o máximo que podía solicitar unha comunidade de montes), mais o IVE de 21% que asumeu a comunidade.
Houbo que solicitar tamen os permisos necesarios e asumir o seu coste, que foron 480€ ó Concello, 29,30€ a Infraestructuras, e 129,23€ a Augas de Galicia.
A inauguración do mirador fíxose en Abril de 2019, e dende ese momento, todos os dias se pode ver alí xente disfrutando das suas maravillosas vistas.
Noraboa á comunidade de montes por tan magnífica idea!
Situación xeográfica: