Entre as parroquias de Herbón e Carcacía érguese o chamado “Monte de Meda”. Dise que recibeu este nome porque a sua forma recorda a unha “meda”, término case esquecido que se describe como “un conxunto de palla disposta en forma de cono”.
O seu punto mais alto está a 449m sobre o nivel do mar e é coñecido como “Alto de Elisa”.
En dias despexados pódese ver perfectamente a ria de Arousa.
Mesmo alí, existen unhas instalacións que comprenden varias antenas de repetición para sistemas de televisión e telefonía, xa que este monte é un dos mais altos da contorna.
A 500 metros de alí podemos ver un parque eólico que consta tan só de 2 xeneradores. Foi construido en 2005 e foi o primeiro dunha serie de parques singulares que foron postos en marcha e xestionados por FERSA ó longo do territorio galego.
A electricidade que xenera esta instalación é repartida polos nucleos de poboacións próximas, e supón unha fonte de ingresos adicionais para a localidade de Padrón.
A producción enerxética definitiva, de uns 4700Mw anuais, é suficiente para abastecer o consumo de 1400 familias cada ano. Dende a perspectiva medioambiental, esta producción sustitue mais de 400 toneladas equivalentes de petroleo (TEP) ó ano, e evita a emisión á atmosfera de 2550 toneladas anuais de CO2.
Por outra parte, ó pe dos xeneradores, construeuse un mirador hacia o leste dende onde se pode disfrutar de unhas perfectas vistas cara o val de Carcacía. Alzando a vista, podemos ver perfectamente o Pico Sacro, no concello de Boqueixón que se atopa a 16km en liña recta.