Festa de San Xoan 2025 en Carcacía.

A pasada noite, e coma todos os anos, a Asociación Cultural San Pedro de Carcacía organizou unha sardiñada xunto a casa cultural da parroquia. Alí repartíronse sardiñas, bebidas, bizcoito e tarta de queixo. Coma sempre, ás 12 da noite encendeuse a fogueira. Este ano asisteu mais xente ca nunca e o ambiente foi moi acolledor.

Publicado en Noticias | Deixa un comentario

Andaina polo Camiño Real de Carcacía. 21 de Xuño de 2025.

A Asociación de veciños “A Sociedade” de Carcacía-Rumille organizou este pasado 21 de Xuño unha andaina polo “Camiño Real” de Carcacía, de uns 7km, dende o campo de festas ata a ETAP do Lapido.

Publicado en Noticias | Deixa un comentario

Festa na honra a San Isidro Labrador 2025.

O dia 17 de Maio de 2025 celebrouse a festa na honra a San Isidro Labrador. Despois da misa que tivo lugar á 1 da tarde, mais de 200 persoas acudiron ó campo de festas onde había unha gran carpa. Alí reparteuse empanada, churrasco, bebidas, café e ata queimada para todos, e ó finalizar houbo música por parte de varios gaiteiros e un DJ.

Publicado en Noticias | Deixa un comentario

Néboa en Carcacía.

E ahí está o sol, esperando a que a néboa se vaia, para quentar o val.

Publicado en Noticias | Deixa un comentario

Arde un coche no campo da festa de Carcacía.

Esta mañá, no campo da festa de Carcacía, incendiouse o coche de un veciño de Rumille. Fixeron o posible por apagalo utilizando un extintor, e mais tarde viñeron os bombeiros, pero non puideron facer nada por él, e quedou neste lamentable estado. Ainda que non é agradable quedar sen coche, o importante é que ningunha persoa saiu ferida.

Publicado en Noticias | Deixa un comentario

El mejor lugar de España para hacer «puenting» está en Padrón.

Como din nesta noticia de La Voz de Galicia, según os usuarios da web de experiencias Aladinia.com, a ponte de Sinde é o mellor lugar de España para facer “puenting”.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/yes/2022/10/26/mejor-lugar-espana-puenting-padron/00031666781149089410317.htm

Publicado en Noticias | Deixa un comentario

Foto do ano 1982.

Comezamos a sección de “fotos antigas” con esta foto tomada dende Pousada hacia o Lapido no ano 1982. Engadimos tamen outra foto do mesmo lugar de este ano 2023.

Publicado en Fotos antigas | Deixa un comentario

Festa do Rosario 2022

O dia 8 de Outubro celebrouse a festa na honra da nosa señora do Rosario.

Na víspera houbo unha gran sardiñada para todos os veciños, e o dia da festa os encargados da música foron os mozos da charanga “Os Celtas”, e seguidamente o grupo “Unión y Fuerza”.

Despois da misa houbo a sesión vermú, e pola noite gran festa ata as 4 da madrugada á que acudeu moitísima xente.

Publicado en Festas | Deixa un comentario