logotipo asociacion carga

NOTICIAS DE CARGA

Anotate xa para a viaxe a Estoril que CARGA organiza para presenciar o campionato de Moto Gp.

 

O XORNAL DE CARCACÍA

O XORNAL DIXITAL DE CARCACÍA, ONDE PODERÁS VER OS ACONTECEMENTOS QUE SUCEDEN NA PARROQUIA

Actualizado o 27 de Xullo de 2007. (Solo en Galego)

A FESTA DO SAN PEDRO

Celebrouse a festa do San Pedro en Carcacía. Como viña sendo anunciado, na vispera da festa do San Pedro, celebrouse unha gran sardiñada para todo o mundo no campo de festas de Pousada.

chavales no monte facendo sardiñas

O dia seguinte tivo lugar a correspondente sesion vermouth onde actuou a orquestra Hiroshima.

xentepandilla

Pola noite, o tempo xogou unha mala pasada e a comision de festas decidiu suspender o envento.

O dia seguinte veu algo mellor e celebrouse o Santisimo Sacramento segundo o previsto.

desafio xente comida

Actuou o grupo Bruma tanto na sesion vermouth coma pola noite.

Un detalle que dou lugar a confusión entre moitos veciños da parroquia e alguns de fóra, foi o anuncio da actuación de "Os Panchos", debido ó tamaño das letras do cartel das festas onde se anunciaba a sua presencia. Ainda que non son tan famosos como os de "Si tu me dices ven..", estes son igualmente merecedores dunha ovacion xa que demostran ser incansables e parrandeiros.

panchos

 

 

 

 

O TEMPO_______EL CORREO GALLEGO_______LA VOZ DE GALICIA

ARTICULOS ANTERIORES