rotativo  
A PÁXINA WEB DE SAN PEDRO DE CARCACÍA  
Inicio > Lugares

 
 

Lugares de Carcacía.

Nesta sección poderemos acceder ás fotos dos lugares mas bonitos de Carcacía.

  • O monte de Meda ten 447 metros de altitude no seu punto mas alto onde hai una maravillosa vista hacia todos os concellos dos arredores. En dias de sol podemos chegar a ver a ponte da illa de Arousa. Recentemente construeuse un miniparque eólico e aproveitouse para facer un mirador hacia Carcacía e arreglar o acceso a ese lugar dende a carretera AC-242. Polo tanto vale a pena subir a disfrutar da paisaxe. VER GALERIA
  • O rio que baña Carcacía chamase "Rio Ulla". Nesta galeria podemos ver varias fotos deste precioso rio que da vida ó val e é motivo de moitas visitas de turistas á nosa parroquia. VER GALERIA.
  • Mais abaixo da aldea de Riabadulla existe una praia fluvial chamada "O Areeiro" Moitisima xente da parroquia e de fora acude ali no veran para pasar tardes agradables bañandose nas augas do rio Ulla. Ali realizanse continuamente comidas de grupo facendo uso das mesas de pedra e madeira, barbacoas e fontes que ali existen. VER GALERIA
  • "O Lapido" chámaselle á zona de monte que hai dende Carcacía ata Herbón. No lapido encontrase unha depuradora de augas na que podemos disfrutar dun mirador construido hacia o rio. Baixando polos camiños que hai pola veira do rio, podemos obsevar unhas "pesqueiras" de lamprea pertencentes a alguns veciños de Carcacía, e os rápidos que se forman en algunhas zonas.VER GALERIA.
  • En Carcacía existen multitude de "cruceiros". Moi pronto se incluirá un traballo sobre eles nesta web. VER GALERIA
  • No seginte enlace mostramos fotos de algunhas fontes e lavadoiros, dos que moi pronto falaremos en profundidade. VER GALERIA.
  • A igrexa de Carcacía é un edificio de finales do seculo XVII e principios do XVIII, moi alterado con añadidos de cemento na fachada superior e con un atrio destinado a cemiterio. A casa rectoral padeceu un incendio en 1850 que dañóu a edificación e destrueu o seu arquivo tal como expuxo o cura párroco D. Antonio Iglesias. Na fachada destaca unha torre de estilo barroco dedicada a campanario. Ó lado dereito da poerta hai unha bohardilla e no centro, a imaxe do patrón San Pedro nunha fornela.O templo e de unha soa nave. VER GALERIA.
  • A igrexa de Rumille é tamen de una soa nave con atrio destinado a cemiterio. O edificio, moi alterado, posiblemente teña a sua orixe no século XVII ou XVIII. A fachada principal consta dunha porta central e encima da mesma un frontón partido ca escultura de Santa María dentro dunha fornela semicircular. Encima de todo hai unha espadana con dous corpos de campás, acabadas en dous pinaculos e un pararaios. VER GALERIA.
  • A igrexa de nosa señora da Merced de Bandin e do seculo XVIII e pertence ó estilo barroco. Ten unha planta con presbiterio destacado en mamposteria e silleria de granito. Na fachada principal ten unha porta con orellas moldeadas, pinche que sirve de asento e unha espadana dun solo corpo con pilastras fundidas e moldeado. Acaba en triangulo curvo ó que lle falta a cruz. VER GALERIA
  • En Carcacía existe unha preciosa casa rural que data de 1898. Foi restaurada e acondicionada no 1993, pero conserva a arquitectura típica. Esta situada na aldea de Xuane, cerca da playa fluvial "O Areeiro" e a escasos metros da AC-242. Visita a sua páxina web. VER GALERIA

 

 

ACCEDA Ó NOSO MAPA INTERACTIVO


INFORMACIÓN ADICIONAL:

PARQUE EÓLICO

RIO ULLA

 

ENLACES DIRECTOS A GALERIAS.


MONTE DE MEDA

RIO ULLA

O AREEIRO

O LAPIDO

CRUCEIROS

CASA RURAL

FONTES Y LAVADOIROS

IGLESIA DE CARCACÍA

IGLESIA DE RUMILLE

IGLESIA DE BANDIN

OUTRAS FOTOS