rotativo  
A PÁXINA WEB DE SAN PEDRO DE CARCACÍA  

San Pedro de Carcacía > inicio

 
 


 

 

 

 

 

EN GALEGO

EN CASTELLANO

AVISO LEGAL

 


 
 
Benvidos a Carcacía.

 

Dise que na segunda década do século XIX, Padrón era un dos 47 partidos que formaban Galicia. Nese partido existian 11 ayuntamientos entre os que figuraba como tal, Carcacía. No 1822 vólvese a dividir Galicia en 4 únicas provincias. O partido de Padrón perde uns cantos ayuntamientos que pasan a pertencer a Pontevedra e quedan pertencendo á provincia de A Coruña os concellos de Padrón e Carcacía.Habería que esperar á restauración do absolutismo en 1834, para que todo o territorio galego fora dividido en ayuntamientos e partidos xudiciais, e Carcacía pasaría asi, a formar parte de Padrón.

Queda asi en entredito, que Carcacía figuróu como ayuntamiento independente entre 1822 y 1834.

 

Carcacía situase nun val que forman uns preciosos montes, entre os cales figura el monte "Meda", que pertence tamen ó Concello de Padrón.

Por Carcacía para o rio Ulla, que podemos ver en lugares tan bonitos coma "O Areeiro", o mirador do "Lapido", a ponte que comunica Carcacía con Barcala, etc. O rio Ulla da orixe tamen a unhas pesqueiras da época romana.

 

En esta parroquia existen case 20 empresas como poden ser, alguns bares, un supermercado, varias empresas de construcción, etc.

Carcacía posee tamen un equipo de futbol chamado "SD Carcacía", e un renovado campo de futbol.

Tamen podemos encontrarnos cousas coma, un campo de festas, unha depuradora de augas, un parque eolico, escolas de infantil e primaria, varias asociacions de tipo cultural, veciñal e deportivas, e riquezas arquitectónicas como iglesias, cruceiros, e abundantes fontes e lavadoiros.

SITUACION XEOGRÁFICA

 

 

 



 

FOTOS ANTIGAS
Visite a nova sección de fotos antigas de Carcacía.

COLABORA CON ESTA PÁXINA
Se queres colaborar economicamente anunciando a tua empresa nesta páxina, ponte en contacto cos creadores.

XA COLABORAN:

empresas